CASA DO BICO
ONDE HABITA O SOSEGO
En tódolos os soños máis marabillosos, o ser humano non soubo xamais inventar nada máis fermoso cá natureza.


FAI TÚA A NOSA CASA
A Casa do Bico foi restaurada con agarimo, con mimo e con moita calma, para que te sintas como se estiveras na túa propia casa. Con tódalas comodidades e o equipamento preciso para cubrir calquera necesidade para facer vida durante a túa estadía.
Se queres descubrir máis sobre a casa, preme no botón.
A CASA

FACENDO VIDA
Totalmente equipada para que non te preocupes de nada.

OS POLEIROS
Lugares elevados cun encanto moi especial.

DESCANSO
Preparada para que durman varias persoas comodamente.

A CONTORNA
O mellor da casa é a súa contorna e riqueza natural.
POR QUE A CASA DO BICO?
LOCALIZACIÓN
Unha localización absolutamente rural rodeada de longos sendeiros e bosques de gran riqueza natural que de seguro gozarás.
COMA NA CASA
Un espazo acolledor e confortable que garante unha vida sosegada onde ti marcas o ritmo e os momentos da túa estancia.
FAUNA E FLORA
Gran variedade de tipos de paxaros que valoran os amantes do seu avistamento e unha flora rica e variada nos bosques da contorna.
REPETIRÁS
A Casa do Bico é un lugar que namora, que engancha, que crea a necesidade de repetir a experiencia que che fixo gozar dela tanto e tan ben.
para quen é A CASA?
Cada aloxamento está pensado para un uso e un público concreto e a Casa do Bico non é unha excepción.
Amantes da natureza, pequenas familias, grupos de traballo de empresa, grupos de meditación, de ioga… as posibilidades son moitas. Queres descubrilas?
QUE VER, QUE FACER E DE QUE GOZAR?
Ademais do goce da desconexión, da calma, do sosego do corpo e o espírito, cabería destacar algúns dos centros de interese que enxalzan os nosos visitantes. Aquí citamos os máis comúns e valorados.
CRES QUE É UNHA BOA OPCIÓN?
Se cres que a Casa do Bico cumpre coas túas expectativas, preme no botón para facer unha solicitude de reserva.