Descanso

Descansar

Unha sinxela descrición das diferentes opcións para deitarse a durmir ou descansar na Casa do Bico.

casa-do-bico-3W0A6029-web

CUARTo

Cuarto privado con aseo. Acolledor, espacioso, con descalzadora e recuncho para a lectura. Con mobiliario de madeira de calidade e fermosos acabados.

SOFÁ CAMA

Parede con parede co cuarto principal temos unha  saliña. É lugar de acceso ao cuarto e tamén ao patio interior e dispón dun sofá-cama que se desprega e incorporándolle un colchonciño de 7 cm de viscoelástica convértese nunha confortable cama para dúas persoas.

casa-do-bico-IMG_20220709_184521-2

MOBLE CAMA

Un moble do salón, feito á man por un carpinteiro hai máis de oitenta anos e que simula un aparador, contén no seu interior unha cama ampla e cómoda para dúas persoas. É outra das opcións para un confortable descanso na Casa do Bico.

OS POLEIROS

Chamámoslles así a dúas zonas elevadas que temos na casa.
A primeira delas, no salón principal, atópase riba do baño e conta cunha colchoneta moi versátil que se transforma en cama. É un espazo con encanto e un mirador privilexiado no que xogar os máis pequenos da casa e, dependendo da idade, tamén onde durmir.

casa-do-bico-3W0A5987
casa-do-bico-2-IMG_20220624_131530

poleiro do forno

Este está nun portalín, riba do forno, e dispón de dúas hamacas que resultan unha marabilla para gozar dunha sesta, de relax ou lectura ao aire libre.

Abrir chat
Axuda - Ayuda - Help
Ola! Hola! Hello!
Necesitas axuda? ¿Necesitas ayuda? Need help?