Sostenibilidade

En casa do Bico, estamos plenamente concienciados da necesidade de coidar o medio ambiente e respectar a nosa contorna. Por iso, adoptamos medidas que axudan a reducir os impactos da nosa actividade, reducindo o consumo enerxético, de auga e outros recursos.

Sabemos que o turismo realizado de maneira sostible pode contribuír ao desenvolvemento do noso territorio, e é por iso polo que animamos a todos os nosos clientes a sumarse a este compromiso, facendo un uso responsable da auga e a enerxía, adquirindo produtos locais, visitando a artesáns e produtores tradicionais.

sostenibilidade-01

Enerxía fotovoltaica

Instalamos 18 placas fotovoltaicas para autoconsumo que xeran ata 9 Kw/h. como máximo, con volcado á rede eléctrica cando non precisamos enerxía na casa.

Tamén instalamos, a disposición dos hóspedes, un cargador para coche eléctrico Mennekes tipo 2, compatible coa maioría dos coches eléctricos do mercado. Dese modo, quen se aloxe na Casa do Bico pode cargar e desprazarse con maior liberdade pola nosa comarca dos Ancares lucenses.

Cargador para coche eléctrico

Calefacción

Con chimenea de leña, madeira que se extrae da poda das nosas árbores.

Tamén hai dispoñibles na casa radiadores eléctricos que se alimentan da enerxía das placas fotovoltaicas.

sostenibilidade-03

Aforro de auga

A auga procede do manancial natural da Fonte de Ferrañol, de sona nas aldeas da contorna pola súa boa calidade.

Abrir chat
Axuda - Ayuda - Help
Ola! Hola! Hello!
Necesitas axuda? ¿Necesitas ayuda? Need help?