Espazo hidrotermal

Na parte de atrás da Casa do Bico, nunha zona privada e exclusiva para os nosos hóspedes, hai un espazo para a relaxación que o corpo e a mente necesitan.

A área hidrotermal conta cunha sauna de infravermellos recén instalada, para seis persoas e un spa-jacuzzi para cinco persoas.

A orde de utilización recomendada é:

  • Primeiro a sauna de infravermellos; a calor dos raios infravermellos prepara o corpo, activa a circulación e relaxa os músculos e articulacións. Dura normalmente de 30 a 40 minutos a uns 45-65°C.
  • Despois o jacuzzi; a auga quente a uns 36°C mantén a relaxación muscular e mellora o retorno venoso. Pódese estar nel 15-30 minutos.
  • E por último unha ducha relaxante templada. Serve para pechar os poros e estabilizar a temperatura.
Sauna

Sauna

Spa-Jacuzzi

Spa-Jacuzzi
Ducha relaxante

Ducha relaxante